Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO do cambio de uso do terreo dotacional sito na rúa Río da Veiga.

O Pleno da Corporación, por maioría absoluta do número legal de membros, en sesión extraordinaria e urxente do 26.10.2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso da parcela sita na rúa Río da Veiga conforme o cadro seguinte:

Referencia catastral:

6844301NJ7364S0001SF

Superficie da parcela:

4.082 m² (datos catastrais)

Situación:

rúa da Veiga

PXOM (Acordo plenario do 29.3.2011)

Proposta

Uso principal:

Equipamento deportivo e recreativo

Equipamento sanitario-asistencial

Usos complementarios:

Equipamento deportivo e recreativo

Segundo. Publicar o anuncio do acordo do cambio de uso da parcela no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Comunicar o acordo do cambio de uso á consellería competente en materia de urbanismo para efectos da inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Comunicar ao Catastro, así como ao Rexistro da Propiedade, as modificacións efectuadas e actualizar o inventario de bens da Corporación local.

Cedeira, 27 de outubro de 2022

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde