Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64575

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO da XXX convocatoria do Premio Puro Cora.

O Premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional coma internacional, con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2023, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a: El Progreso de Lugo, S.L., rúa de Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2022

Blanca García Montenegro
Presidenta