Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte Torbeo (ampliación), concello de Ribas de Sil (expediente 1/2022).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 1/2022.

– Denominación: Torbeo (ampliación).

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Torbeo.

– Concello: Ribas de Sil.

– Superficie: 17,1670 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela de ampliación

Lindeiros

Parcelas estremeiras

27052A02500757

Norte

27052A02500721

27052A02500722

27052A02500723

27052A02500724

27052A02500725

27052A02500726

27052A02500727

27052A02500101

27052A02500102

27052A02500103

27052A02500728

27052A02500729

27052A02500732

27052A02500733

27052A02500737

27052A02500757

Norte

27052A02500701

27052A02500702

27052A02500703

27052A02500704

27052A02500705

27052A02500706

27052A02500707

27052A02500074

27052A02500075

27052A02500741

27052A02500742

27052A02500745

27052A02500746

27052A02500078

27052A02500079

Leste

27052A02509013

27052A02509015

27052A02500027

27052A02500028

27052A02500029

27052A02500030

27052A02500792

27052A02500749

27052A02500750

27052A02500751

27052A02500752

27052A02500753

27052A02500754

27052A02500755

Sur

27052A02509020

32071A06100078

32071A06109006

Oeste

27052A02500669

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 28.6.2022 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 28 de novembro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file