Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 16 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15031003922R e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así mesmo, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos actos e dos seus expedientes, advertíndolles que, de non o faceren, se entenderá practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución, de conformidade co establecido nos artigos 21 e 68 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 16 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

15031003922R

32943140X

Requirimento de emenda da solicitude

17.10.2022

15036005322R

32657963X

Requirimento de emenda da solicitude

20.10.2022

15023001622R

78801841T

Requirimento de emenda da solicitude

28.10.2022

15078008922R

54128458M

Requirimento de emenda da solicitude

21.10.2022

15031003722R

Y9491723M

Requirimento de emenda da solicitude

25.10.2022