Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 14 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D (expediente 15073001422E e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así mesmo, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, advertíndolles que, de non o faceren, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución, de conformidade co establecido nos artigos 21 e 68 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 14 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

15073001422E

X2554662Y

Requirimento de emenda da solicitude

26.7.2022

15078013422E

Y9063436R

Requirimento de emenda da solicitude

8.7.2022

15031002422E

I20009943

Requirimento de emenda da solicitude

26.9.2022

15030020722E

I20009971

Requirimento de emenda da solicitude

3.10.2022

15030021722E

Y3005733S

Requirimento de emenda da solicitude

5.10.2022

15077001122E

79336182M

Requirimento de emenda da solicitude

17.10.2022

15078007322E

46294022J

Requirimento de emenda da solicitude

13.10.2022