Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da fábrica de produtos lácteos que Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. posúe no concello de Outeiro de Rei (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-37).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que, por espazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados en Outeiro de Rei, Lugo. Rexistro AAI: 2006/0209_NAA/IPPC_128. Expediente: 2020-IPPC-M-37. Xullo de 2022.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-37.

Peticionaria: Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

NIF: A03161270.

Domicilio social: Serra de Granda, s/n, 33199 Siero (Asturias).

Localización da instalación: Robra, Outeiro de Rei, 27154 (Lugo).

Actividade: planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados, englobada no anexo do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).

Descrición das instalacións: a planta consta de varias zonas de procesamento de produtos lácteos con silos exteriores (recepción, envasado de leite UHT en brik e en botella, extrusión de botella, torre de secado) e instalacións auxiliares (sala de caldeiras, instalación de frío, torres de refrixeración e condensadores, EDARi, ETAP, oficinas, almacéns).

Verteduras:

Os tipos de augas residuais xeradas na instalación clasifícanse en:

– Augas residuais industriais: procedentes de limpeza de liñas e tanques, empuxe de leite e produtos lácteos e baldeo de solos que, xunto coas augas sanitarias de aseos e vestiarios, son tratadas na planta depuradora.

– Augas pluviais: son as augas procedentes de choiva que son recollidas na fábrica e canalizadas ata o seu punto de vertedura final.

– Auga de refrixeración: o proceso de refrixeración funciona en circuíto pechado; os efluentes xerados polas purgas do sistema son tratados na depuradora.