Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63666

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 2 de decembro de 2022 pola que se renova a composición do Consello de Bioética de Galicia.

A Orde do 16 de outubro de 2015, pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia, indica, no seu artigo 3, relativo á súa composición, que este consello estará integrado por un máximo de vinte persoas membros, que deberán dispor de titulación en ciencias da saúde, humanidades ou ciencias xurídicas e sociais. Polo menos a metade deles deberá ter formación en bioética.

As persoas membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeadas e afastadas pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade por un período de tres anos, prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 17 de xuño de 2021 nomeáronse os membros do Consello de Bioética de Galicia. Debido á renuncia de varios dos seus integrantes, resulta procedente a renovación parcial da composición do consello.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e de súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Proceder á renovación da composición do Consello de Bioética de Galicia e cesar as persoas que renunciaron, esta queda como se indica no anexo desta orde.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 17 de xuño de 2021 pola que se nomean os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Consello de Bioética de Galicia

1. Ana Concheiro Guisán.

2. Rosendo Bugarín González.

3. Ana Guillén Vilanova.

4. Xurxo Hervada Vidal.

5. Victoria Lojo Vicente.

6. Silvia Sánchez Radio.

7. Juan Carlos Vázquez Barro.

8. Yolanda Triñanes Pego.

9. Inés del Río Pastoriza.

10. Miguel Vieito Villar.

11. Andrea Gallego Valdeiglesias.

12. María Carolina Pereira Sáez.

13. Begoña Graña Suárez.

14. Irene Martínez Montero.

15. María José de la Torre Fernández.

16. Nuria Varela Feal.