Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación no concello de San Cibrao das Viñas IN407A 2021/147-3.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA DC SCV810 e SVC825, apoios núm. D12 e D13 (expediente IN407A 2021/147-3), no concello de San Cibrao das Viñas, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 14 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2021/147-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA DC SCV810 e SVC825, apoios núm. D12 e D13.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titulares

Incidencia

Data de ocupación

2

Rasgada

32076A037004740000UH

Marina Álvarez Abraldes

Enderezo descoñecido

22.11.2022

4

Río Vello

32076A037003670000UX

Descoñecido

22.11.2022