Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63547

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade do Convenio de colaboración coa Fundación Laboral da Construcción para realizar accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Consello Europeo aprobou o pasado 21 de xullo de 2020 o instrumento financeiro NextGeneration EU, que inclúe como elemento central un mecanismo para a recuperación e a resiliencia, e o 27 de abril de 2021, por acordo do Consello de Ministros, aprobouse o proxecto de Plan de recuperación, transformación e resiliencia para España.

No marco do devandito Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade articulou, entre outros instrumentos xurídicos, programas mediante convenios de colaboración con financiamento da Unión Europea-NextGenerationEU, o que determina a necesidade da súa publicación.

En consecuencia, a través desta resolución, dáse publicidade do Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Laboral da Construcción para realizar accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, coas seguintes características:

– Obxecto do convenio: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Fundación Laboral da Construcción e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para realizar de accións formativas, de carácter non formal, de cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción, que se axusten ás necesidades máis inmediatas de formación do capital humano das empresas que integran o sector e que permita a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e da construción e que, con carácter orientativo, poden ser as recollidas no anexo I deste convenio, e que deberán ter vinculación co Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade achegará a cantidade total de seiscentos vinte e catro mil setecentos sesenta e oito euros (624.768,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.323B.481.1 (código de proxecto 2022 00172) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento do obxecto do Convenio e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

– Data de sinatura: 13 de xullo de 2022.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería
de Promoción do Emprego e Igualdade