Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63570

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de Atención Primaria).

Convocada mediante a Resolución do 28 de outubro de 2022 (DOG núm. 213, do 9 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 28 de outubro de 2022 (DOG núm. 213, do 9 de novembro).

Segundo. Nomear, no posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 5 de decembro de 2022

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Moaña.

Nome e apelidos: David Mayo Martínez.

DNI: ***1580**.