Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio dun trámite de audiencia en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Laza (Laza-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberán concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 25 de novembro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración

Aguiar Paz, Constantino

Trámite de audiencia

Laza