Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, procedemento abreviado 319/2022-P.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo tramítase o recurso 319/2022-P (procedemento abreviado) de Noelia López Pérez, contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 90, do 10 de maio).

Categoría: técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario de Monforte de Lemos.

Epígrafe: outras actividades.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos