Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63276

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de aprobación inicial da delimitación do solo de núcleo rural de Uzal e da modificación da delimitación do solo de núcleo rural de Quinte.

O Pleno do Concello, en sesión do 23 de novembro, aprobou inicialmente a delimitación do solo de núcleo rural de Uzal e a modificación da delimitación do solo de núcleo rural de Quinte.

O Concello expón a información pública os expedientes de delimitacións durante o prazo de dous meses, para os efectos de exame e alegacións, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Os expedientes poderán examinarse, de luns a venres, nas oficinas do Concello, das 10.00 ás 14.00 horas, e no Centro Sociocultural, das 9.00 ás 13.00 horas.

O Corgo, 2 de decembro de 2022

Felipe Labrada Reija
Alcalde