Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de novembro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 306/2022 no expediente de reposición da legalidade POL/92/2020-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento abreviado núm. 306/2022, interposto pola persoa con DNI 36133709L, contra a desestimación presunta do recurso de reposición presentado contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 16.3.2022, expediente POL/92/2020-RP1, pola que se lle impón como responsable dunha infracción grave tipificada na Lei de costas, en calidade de promotor das obras de instalación dunha carpa, no lugar do Terrón, concello de Vilanova de Arousa, unha multa por importe de 1.638 euros, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35454085E para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística