Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se autoriza a ampliación dunha granxa mariña sita en Bico da Ran, Sartaxes, Castrelo, no concello de Cambados (expediente PE503A-2019-1).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que mediante a Resolución do 16 de novembro de 2022 se autoriza a ampliación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Titular: Aquacría Arousa, S.L. (B36296945).

Tipo de establecemento: granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo (Scophthalmus maximus) e linguado (Solea solea e Solea senegalensis).

Localización: Bico da Ran, Sartaxes, Castrelo, Cambados (Pontevedra).

Vixencia do título habilitante: 18 de maio de 2028.

Proxecto autorizado: ampliación de piscifactoría de cría de linguado en nova planta.

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante Anuncio do 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, inserido no Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 23 de abril de 2021.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica