Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63156

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022 pola que se adxudican as axudas destinadas á creación e integración de novos centros de investigación empresarial no ecosistema de innovación de Galicia, convocadas pola Resolución do 17 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 5 de xullo).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 17 de xuño de 2022 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) convocáronse as axudas destinadas á creación e integración de novos centros de investigación empresarial no ecosistema de innovación de Galicia, enmarcados nas prioridades estratéxicas da RIS3.

No seu artigo 20 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Selección establecida no artigo 17 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 18.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 15 de novembro de 2022 pola Comisión de Selección,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as axudas destinadas á creación e integración de novos centros de investigación empresarial no ecosistema de innovación de Galicia, enmarcados nas prioridades estratéxicas da RIS3, a todas as solicitudes que acadaron unha puntuación igual ou superior a 60 puntos que figuran como anexo I a esta proposta (ordenadas por número de expediente). O importe total das axudas concedidas é de 9.208.569,76 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

06.A2.561A.770.0/
2016 00004

0,00 €

2.706.557,64 €

3.575.903,79 €

2.926.108,33 €

9.208.569,76 €

Segundo. A relación de solicitudes que non foron admitidas a trámite figura no anexo II.

Terceiro. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 26 e 27 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 25, nos seus puntos 1 e 2.

Cuarto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Entidades beneficiarias (por orde de puntuación)

Expediente

Razón social

NIF

Puntos

Orzamento (en €)

Axuda total (en €)

Axuda 2022 (en €)

Axuda 2023 (en €)

Axuda 2024 (en €)

Axuda 2025 (en €)

002_IN853D_2022/2012883

Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L.

B61507133

77

12.000.000,00 €

5.000.000,00 €

0,00 €

491.666,67 €

1.825.000,00 €

2.683.333,33 €

001_IN853D_2022/2012068

Mestrelab Research, S.L.

B15964521

73

8.193.039,53 €

4.208.569,76 €

0,00 €

2.214.890,97 €

1.750.903,79 €

242.775,00 €

Totais

20.193.039,53 €

9.208.569,76 €

0,00 €

2.706.557,64 €

3.575.903,79 €

2.926.108,33 €

ANEXO II

Solicitudes non admitidas a trámite

Expediente

Razón social

NIF

Motivo

003_IN853D_2022/2014312

Horizon Galicia 2022, S.L.

B10969517

Conforme o artigo 4.5

004_IN853D_2022/2020854

Reganosa Holdco, S.L.

A70537543

Conforme o artigo 4.3