Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de novembro de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. VG-4.4 e AG-57, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/148.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Pola Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 14 de novembro de 2022 realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sustentable de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. VG-4.4 e AG-57, de clave PO/22/148.06, nos municipios de Nigrán e Marín (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. VG-4.4 e AG-57, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/148.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e nas casas dos concellos de Nigrán (praza da Constitución, s/n, 36350 Nigrán, Pontevedra) e Marín (avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, Pontevedra).

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. VG-4.4 e AG-57.

Clave: PO/22/148.06.

Concello de Nigrán.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Exprop.
(m2)

Clasificación urbanística

Sit. básica do solo

Clase de solo

1

54035A07600227

76

227

Angelina Costas Rodríguez

***8168**

129

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

2

54035A07600226

76

226

María Luisa Barros Vidal

***8545**

224

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

3

54035A07600319

76

319

Luis Barros González (hros.)

***6861**

132

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

4

54035A07600225

76

225

Modesto González Martínez

***6542**

468

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

5

54035A07600224

76

224

José Antonio Iglesias Puime
Gonzalo Iglesias Puime

***5449**

216

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

6

54035A07600223

76

223

Manuel González Iglesias (hros.)

***2136**

195

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

7

54035A07600222

76

222

Ermitas Martínez González

***5061**

93

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico

8

54035A07600221

76

221

Ramona Nandín Hermida

En investigación

10

Solo non urbanizable de protección e conservación das ribeiras do río Miñor

Rural

Rústico