Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62881

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de novembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 22 de setembro de 2022 (DOG núm. 190, do 5 de outubro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, e demais normativa vixente, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Apelidos e nome: María Isabel Pereiro López.

NIF: ***7916**.

Subgrupo: C1.

Corpo ou escala: administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de traballo: secretario/a de apoio.

Código do posto: ED.101.00.000.15770.101.

Nivel: 18.

Centro de destino: gabinete de conselleiro/a.

Localidade: Santiago de Compostela.

*O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.