Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2022/2318-2 e vinte e dous máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), as resolucións ditadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres).

As resolucións que se notifican poderán ser impugnadas polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 20 de novembro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2022/2318-2

Iberia Inversiones

Insostibilidade

PR204A2022/3886-2

Tudorel Mihailescu

Estimatoria parcial

PR204A2022/3669-2

Nerea Herrero Abilla

Estimatoria

PR204A2022/3802-2

Vanesa González Alba

Estimatoria

PR204A2022/3894-2

Janfre Construcciones, S.L.

Estimatoria

PR204A2022/3908-2

Salin Elena-Kasandra Romana

Estimatoria

PR204A2022/3493-2

Marta Monteiro Salazar

Estimatoria

PR204A2022/3582-2

María Carmen Vale González

Desestimatoria

PR204A2022/106-2

Portavehículos Mayo

Desestimatoria

PR204A2022/3553-2

Boktab Ayoub

Estimatoria

PR204A2022/3556-2

Miguel Fernández Fernández

Estimatoria

PR204A2022/2316-2

Modesta Fernández Blanco

Insostibilidade

PR204A2022/3538-2

Abel Ginzo Fernández

Estimatoria

PR204A2022/2850-2

Comun. Prop. Ronda Fontiñas, 184

Desestimatoria

PR204A2022/3327-2

María Isabel Cancela Freire

Estimatoria parcial

PR204A2022/2016-2

José Manuel Salido Alcaraz

Desestimatoria

PR204A2022/3253-2

Editorial Planeta, S.A.

Desestimatoria

PR204A2022/2435-2

Ricardo Rancaño

Desestimatoria

PR204A2022/3317-2

Juan Luis López Ucha

Estimatoria

PR204A2022/3457-2

Juan Luis López Ucha

Estimatoria

PR204A2022/3612-2

María Patricia Trebolle Navia

Estimatoria

PR204A2022/3127-2

Daniel Estévez Babarro

Estimatoria

PR204A2022/3356-2

Bouchra Bettachni

Estimatoria parcial