Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC, no concello de Gondomar, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 18 de novembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/174-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC.
Concello: Gondomar.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
3 |
54021A059000690000KG |
Corredouras |
Luz Pilar Román Devesa |
9 de febreiro de 2023 |
12.00 |