Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62783

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2021/U040/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 31 de outubro de 2022, acordou aprobar o anexo de expropiacións para a obtención dos terreos que se consideran necesarios para a execución da obra hidráulica, prevista no proxecto construtivo aprobado por Augas de Galicia o 27 de xuño de 2022, que consiste na mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace AG-55 e AC-552, na rúa Cepeira, en Sísamo (Carballo); segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado pola enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois (con núm. de colexiada 1909).

No mesmo acordo, no seu punto segundo, declarouse a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación dos bens e dos dereitos afectados pola obra hidráulica prevista no mencionado proxecto, ao abeiro do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (procedemento de urxencia).

Polo que se somete á información pública o proxecto da obra e o anexo das expropiacións, por un prazo de 20 días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, co fin de rectificar os posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue.

Así mesmo, requírense os titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios. Advírteselles de que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas.

A relación de bens e dereitos afectados que se inclúe no anexo de expropiacións é a seguinte:

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. do predio

Titular

Referencia catastral

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

Destino

Sup. total (m²)

Sup. afectada (m²)

Pleno dominio

1

Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2008, S.L.

15019A001001020000IF

Solo rústico

Rural

Labradío

2.623,00

2.498,00

3

Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2008, S.L.

3935501NH2833S0000AA

Solo rústico

Rural

Labradío

31.296,00

1.356,00

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón, no punto 7 (outros).

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 9 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto número 3049, do 11.10.2022)
Milagros Lantes Seara
Segunda tenente de alcalde