No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 204, do 27 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo/a (Xulgado de Paz), persoal laboral fixo a tempo parcial, mediante o sistema de concurso, incluída na oferta de emprego público 2022 (estabilización de emprego temporal).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases que a rexen.
A Capela, 16 de novembro de 2022
Manuel Meizoso López
Alcalde