Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES112 Viveiro (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento de Celeiro e mellora da condución da vertedura da estación depuradora de augas residuais de Viveiro. Viveiro (Lugo). Clave do expediente: OH.327.616.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 3.171.089,51 euros. Importe total: 3.837.018,31 euros.
8. Valor estimado do contrato: 3.171.089,51 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 15 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10%), programa de construción da obra (ponderación 8 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 6 %), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (ponderación 4 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 19 de maio de 2022.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 9.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 11.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 22 de xuño de 2022.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Seranco, S.A. & Obras Marítimas y Submarinas, S.L., Unión Temporal de Empresas.
14.2. NIF: U10697027.
14.3. Enderezo: Paseo de Ronda, 41-2º esqda., 15011 A Coruña.
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Teléfono: 622 77 11 04.
14.6. Fax: 881 15 00 45.
14.7. Correo electrónico: contratacion@seranco.es
14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Obras Marítimas y Submarinas, S.L.).
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 2.910.700,00 euros. Importe total: 3.521.947,00 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta contratación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de medio ambiente e para dar resposta ás necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá de ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Viveiro.
Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 18 de novembro de 2021.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 19 de maio de 2022.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 22 de xuño de 2022.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 1 de xullo de 2022.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia