En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,
RESOLVO:
Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data da solicitude: 23.8.2022.
Código: 162A.
Nome da árbore: Nogueira do Camiño Vello.
Especie: Juglans regia L.
Localidade: Triacastela.
Concello: Triacastela.
Provincia: Lugo.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 643.730/4.735.137.
Motivo da catalogación: dendrometría, singularidade e a beleza do seu porte.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural