De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque tentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avda. María Victoria Moreno, 43-4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 22 de novembro de 2022
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado |
CON-PO-0160/2022 |
35486822F |
Resolución |
Polo xefe territorial |