Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Carmelo, Conchiña IV, Erundi VII, Jesusa II, Lixeira II, Pedemar II, Rons II, Sandi II e San Martín I, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
a) Antecedentes.
Primeiro. Mediante escritos do 21 de novembro de 2022, Antón Fernández Lamela (***3550**), en representación de Marcelino Acuña, S.A. (A36004364), solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Carmelo, Conchiña IV, Erundi VII, Jesusa II, Lixeira II, Pedemar II, Rons II, Sandi II e San Martín I.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Segromar Mexillón, S.L. (B72461106), das concesións que se indican a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Carmelo.
Situación:
Cuadrícula nº: 22.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 25.10.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Conchiña IV.
Situación:
Cuadrícula nº: 25.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 20.3.1994.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Erundi VII.
Situación:
Cuadrícula nº: 76.
Polígono: H.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 24.7.1973.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Jesusa II.
Situación:
Cuadrícula nº: 182.
Polígono: E.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 29.2.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Lixeira II.
Situación:
Cuadrícula nº: 2.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 19.6.1978.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Pedemar II.
Situación:
Cuadrícula nº: 61.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 4.12.1963.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Rons II.
Situación:
Cuadrícula nº: 80.
Polígono: G.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 13.3.1981.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Sandi II.
Situación:
Cuadrícula nº: 66.
Polígono: H.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 15.4.1975.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: San Martín I.
Situación:
Cuadrícula nº: 46.
Polígono: F.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 6.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).
Nova titular: Segromar Mexillón, S.L. (B72461106).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 30 de novembro de 2022
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo