Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto no artigo 67.bis.4 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.

Lugo, 17 de novembro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral da parcela afectada

Acto de notificación

APE 45/2022

32803224A

27039A059002170000GS

Requirimento

APE 97/2022

76601570R

27040A109003420000HE

Requirimento