De conformidade co artigo 9 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, sométese ao trámite de información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Escornabois, no concello de Trasmiras (Ourense), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
No prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, unha copia do estudo previo de iniciación coa información de carácter persoal protexida estará dispoñible ao público para a súa consulta no concello, así como na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural, dentro da epígrafe de consultas públicas:
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos
Así mesmo, o documento orixinal estará dispoñible para a súa consulta nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Servizo de Reforma das Estruturas, en horario de atención ao público (Edificio Administrativo de San Caetano, nº 4, planta soto, 15781 Santiago de Compostela).
Durante este prazo as persoas interesadas poderán realizar as achegas que consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As achegas recibidas serán analizadas polo servizo provincial competente e, se é o caso, incorporadas na redacción final do estudo previo de iniciación.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural