Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación do proxecto de obra de ampliación da plataforma e de dotación de servizos para a mellora da seguridade viaria na rúa Pombales e no camiño a Canaval, ata a intersección coa travesía de Arteixo, e aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas e para a obtención dos terreos afectados polas obras.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 22 de novembro de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 3827/2022, foi aprobado o proxecto de obras de ampliación da plataforma e de dotación de servizos para a mellora da seguridade viaria na rúa Pombales e no camiño a Canaval, ata a intersección coa travesía de Arteixo, e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas e para a obtención dos terreos afectados polas obras.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº de predio

Ref. catastral

Titulares

Sup. total (m2)

Expr. definitiva (m2)

1

0860219NH4905N0001MO

Martínez Vázquez María del Carmen

175

22

2

0860218NH4905N0001FO

Martínez Vázquez María del Carmen

845

36

3

0860217NH4905N0001TO

Varela Mallo Cándida

Martínez Varela María de los Ángeles

Martínez Varela José Manuel

789

65

4

0860216NH4905N0001LO

Palleiro Rey José Manuel

Piñeiro Rey María del Carmen

297

92

5

0860215NH4905N0001PO

De la Fuente García Manuel (hdos.)

222

53

6

0860214NH4905N0001QO

De la Fuente García Manuel (hdos.)

1.119

54

7

0961916NH4906S0001ZA

Descoñecido

780

141

8

0961915NH4906S0001SA

Boedo Maceiras María

595

79

9

0961914NH4906S0001EA

Pombo Blanco Carmen

Boedo Pombo María Carmen

555

61

10

0961913NH4906S0001JA

Boedo Maceiras Carmen (hdos.)

573

23

11

0961912NH4906S0001IA

Bello Cedeira Ana María

Sánchez Bello Santiago

Sánchez Bello Eva Maria

5.120

102

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249-3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puider efectuar, sirva a presente notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 22 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1923/2022, do 31 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano