En sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:
DNI |
Apelidos e nome |
Especialidade |
Cualificación 3º ex. |
***2425** |
Sánchez San Juan, María del Carmen |
Seguridade no traballo |
Apta |
***2781** |
Aceiro Pérez, Joaquín |
Seguridade no traballo |
Apto |
***8051** |
Sánchez Fernández, Alejandro |
Seguridade no traballo |
Apto |
***5431** |
Romero Sánchez, Francisco Javier |
Hixiene industrial |
Apto |
***6805** |
Díaz-Pavón Sánchez-Tembleque, María del Pilar |
Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
Apta |
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022
Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal