Mediante a Resolución do 19 de agosto de 2022 (DOG núm. 163, do 29 de agosto) aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2022.
O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos recollidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.
O 21 de novembro, o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propoñer, no acordo de concesión, as catro persoas galardoadas.
Ese mesmo día contactouse telefonicamente coas catro persoas propostas para os premios e todas elas o aceptaron expresamente e confirmaron a súa vinculación cun centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.
As ditas bases establecían no artigo 10 que a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) ditará a resolución do premio, que será inapelable, e farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e da ACIS (www.acis.sergas.gal).
Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 12.A1-411A-480.00, proxecto 201800003, dos orzamentos do ano 2022 da ACIS:
a) Primeiro premio, cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).
b) Segundo premio, cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).
c) Primeiro accésit (sen dotación económica).
d) Segundo accésit (sen dotación económica).
No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022
Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde
ANEXO
Persoas premiadas
Núm. |
Persoas autoras |
Título do artigo |
Centro ou institución galega |
Importe do premio |
1º |
Turnes Vázquez, Juan |
Non-pharmacologic direct cost of a simplified strategy with glecaprevir/pibrentasvir for 8 weeks in naive non-cirrhotic patients with hepatitis C implemented in clinical practice. The Just SIMPLE Study |
Servizo de Aparello Dixestivo, Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) |
3.000,00 € |
2º |
Antela López, Antonio |
Redefining therapeutic success in HIV patients: An expert view |
Servizo de Medicina Interna, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela |
1.500,00 € |
1º accésit |
García Álvarez, Eva |
Aberrant integration of hepatitis B virus DNA promotes major restructuring of human hepatocellular carcinoma genome architecture |
Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Universidade de Santiago de Compostela |
_ |
2º accésit |
Vallejo Alonso, Aldara María |
Generalized implementation of reflex testing of hepatitis C in Galicia: Results for reflection |
Servizo de Microbioloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) |
_ |