O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Sindicato Profesional de Policías e Bombeiros (SPPLB),
DISPOÑO:
O nomeamento de Luis Álvarez López como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, en representación da organización sindical Sindicato Profesional de Policías e Bombeiros (SPPLB).
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar