O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,
DISPOÑO:
A renovación de Juan José Vázquez Seijas como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar