Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea, reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «OH.336.1051 Mellora da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena en Sabarís, Baiona (Pontevedra)»

Clave do expediente: GA.21161.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 9.668,75 euros. Importe total: 11.699,19 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 7.395,00 euros. Importe total: 8.947,95 euros.

Empresa contratista: Ingenia Proyectos Técnicos, S.L.

b) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «Mellora do espazo fluvial do rego Gondomil no cruzamento coa estrada EP8702, Catoira (Pontevedra) -OH.436.1220».

Clave do expediente: GA.22014.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 12.562,62 euros. Importe total: 15.200,77 euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 7.990,00 euros. Importe total: 9.667,90 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

c) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «OH.415.1211- Realización dun bypass na zona do Muíño do Quinto, Carballo (A Coruña)».

Clave do expediente: GA.22049.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base. Importe neto: 12.562,62 euros. Importe total: 15.200,77 euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 9.200,00 euros. Importe total: 11.132,00 euros.

Empresa contratista: Normansys, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2) anterior cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 «Medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

En concreto, a actuación referida no punto 2.a) encádrase dentro da operación «Resto de medidas para a prevención do risco de inundación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa», a referida no punto 2.b) dentro da operación «Medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI río Ulla e Río Sar-ES014-CP-05-02-11» e a referida no punto 2.c) dentro da operación «Medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI río Anllóns CO-10-01-04», «Unha maneira de facer Europa».

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2022

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia