Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do quinteiro H6 do Plan parcial do sector 6, polígono II (2022/PLANEAM/000012-FG, número 699).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 27 de outubro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro H6 do Plan parcial do sector 6, polígono II, obelisco (documento RE núm. 2022016708 do 13.9.2022).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello: www.oleiros.org

Oleiros, 2 de novembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente