Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61825

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 7 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño).

A Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 14.3 que a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicadas no portal educativo as puntuacións provisionais e definitivas, resolta e notificada a reclamación presentada de acordo co establecido no artigo 14.2 da antedita Orde do 7 de xuño de 2022,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22 ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22

Ámbito de Música

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Estévez Pazó, Nuno

Centro autorizado de música profesional Contrapunto Histórico de Santiago

Acordeón

***9279**

1.000 €

Gómez Iglesias, Carla

Conservatorio Profesional de Música de Vilalba

Clarinete

***0156**

1.000 €

Rabanal Freire, Mario

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Violín

***0365**

1.000 €

Ámbito de Danza

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Sánchez Viqueira, Laura

Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña

Danza clásica

***5728**

1.000 €

Ámbito de Artes Plásticas e Deseño

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Díaz Villares, Coralia

Centro autorizado de artes plásticas e deseño Aula D

Proxectos e dirección de obras de decoración

***4516**

1.000 €

García Balseiro, Sara

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

Fotografía

***9147**

1.000 €