O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,
DISPOÑO:
A renovación de Tania García Sanmartín como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar