Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de novembro de 2022, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lle dá audiencia á interesada no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia á titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica á titular do establecemento referido no dito anexo para que no prazo de quince (15) días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes que poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 16 de novembro de 2022

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Skapate Servicios Turísticos, S.L.

Signatura: XG-PO-000421.

Titular: Skapate Servicios Turísticos, S.L.

Domicilio: Sanjurjo Badía, 31, 2º B3.

CP: 36207.

Concello: Vigo.