Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0096-2022 FOR e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña,15 de novembro de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

MON-CO-0096-2022 FOR

33269145J

Resolución

MON-CO-0087-2022 FOR

32409017Q

Resolución