Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas trámites de audiencia en relación coa zona de concentración parcelaria do Pereiro-As Oiras (Alfoz-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 14 de novembro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

Persoa interesada

Acto que se notifica

122

Casiano Casabella Pereira

Trámite de audiencia

123

María Casabella Pereira

Trámite de audiencia

124

Remedios Casabella Pereira

Trámite de audiencia