Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de novembro de 2022, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do programa de axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de novembro de 2022

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

202115ALUG00694R

76502629Y

Resolución