Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, do contrato de servizo para o desenvolvemento, implantación e validación dun sistema para a optimización de parámetros de consumo enerxético e calidade da auga vertida ao medio receptor, así como a realización de recomendacións de mellora baseadas en simulacións en tres estacións depuradoras de augas residuais (expediente OH.788.431).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 72200000-7 (servizos de programación de software e de consultoría), 72212460-1 (servizos de desenvolvemento de software analítico, científico, matemático ou preditivo) e 71314300-5 (servizos de consultoría en rendemento enerxético).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES11 Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento, implantación e validación dun sistema para a optimización de parámetros de consumo enerxético e calidade da auga vertida ao medio receptor, así como a realización de recomendacións de mellora baseadas en simulacións en tres estacións depuradoras de augas residuais. Clave do expediente OH.788.431.

O contrato pretende o desenvolvemento, implantación e validación dun sistema automático para a optimización e simulación de parámetros de consumo enerxético e calidade da auga vertida ao medio receptor, capaz de formular recomendacións de mellora nas estacións depuradoras de augas residuais de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Os obxectivos principais do contrato son:

• Garantir a fiabilidade operativa das estacións depuradoras de augas residuais, é dicir, que as ditas instalacións, pola súa importancia, estean a operar no rango obxectivo de calidade e eficiencia.

• Garantir o cumprimento dos parámetros de calidade respecto da auga vertida ao medio receptor.

• Optimizar os consumos enerxéticos de cada estación depuradora de augas residuais considerando as restricións de fiabilidade e calidade.

Estes obxectivos principais deberán conseguirse cun sistema automático de optimización e simulación que dote a Augas de Galicia dunha solución tecnolóxica que permita:

– Obter un maior coñecemento do consumo de enerxía de cada estación depuradora de augas residuais, de forma desagregada para todos os seus procesos e simular a evolución do consumo en función da evolución dos diversos parámetros que interveñen e das decisións que poidan tomarse sobre os distintos procesos da estación depuradora de augas residuais.

– Obter un maior coñecemento do consumo de enerxía de cada estación depuradora de augas residuais, de forma desagregada para todos os seus procesos e simular a evolución do consumo en función da evolución dos diversos parámetros que interveñen e das decisións que poidan tomarse sobre os distintos procesos da estación depuradora de augas residuais.

– Obter unha transparencia enerxética total sobre as estacións depuradoras de augas residuais e, nun futuro, sobre o conxunto de estacións depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia; desenvolveranse indicadores e sistemas de medición que permitan a xestión enerxética avanzada.

– Obter propostas de actuación que desemboquen en aforros significativos do consumo de enerxía a través da optimización de procesos.

– En definitiva, para optimizar o consumo enerxético das estacións depuradoras de augas residuais, con independencia do seu tamaño, garantindo o cumprimento dos parámetros de calidade da auga vertida e a fiabilidade operativa das devanditas instalacións.

Esta solución tecnolóxica debe desembocar nun produto que poida ser comercializado, mantido e mellorado polo adxudicatario ao longo dos próximos anos, de maneira que se garanta que a tecnoloxía adquirida seguirá evolucionando.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.614.675,54 euros. Importe total: 1.953.757,40 euros.

8. Valor estimado do contrato: 2.018.344,43 euros. Inclúe o orzamento de licitación (1.614.675,54 euros), modificación contractual á alza prevista (322.935,11 euros) e importe máximo da variación á alza prevista do prezo do contrato (80.733,78 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 15 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: solución técnica proposta (ponderación 26 %), oferta económica (ponderación 24 %), oferta para funcionalidades avanzadas de optimización operativa de estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) (ponderación 20 %), plan de traballo e plan de xestión de riscos (ponderación 10 %), oferta para custo máximo de despregamento (CMD) da solución desenvolvida no marco do servizo (ponderación 10 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 2 de marzo de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 4.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 31 de marzo de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Aquatec Proyectos para el Sector del Agua, S.A. & Fundación Instituto Tecnológico de Galicia Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2) NIF: U09930348.

14.3) Enderezo: Calle de la Libra, esq., avda. del Euro, PI. Las Atalayas, 26-27, 03114 Alicante.

14.4) Código NUTS: ES521.

14.5) Correo electrónico: proyectos@aquatec.es

14.6) Fax: 913 62 10 00.

14.7) Teléfono: 639 04 87 00.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Fundación Instituto Tecnológico de Galicia).

15. Valor da oferta seleccionada. Importe neto: 1.291.740,43 euros. Importe total: 1.563.005,92 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de De-senvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1.b) «Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora»; actuación 1.2.1.4 «Liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) e da compra pública innovadora (CPI)» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

Polo tanto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de novembro de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de novembro de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 19 de novembro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 2 de marzo de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 1 de abril de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de abril de 2022.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 8 de abril de 2022.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file