Logo de non ser posible efectuar a comunicación á cal se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, por seren descoñecidos os interesados no procedemento, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para que compareza e tome coñecemento do texto íntegro do acto que está á súa disposición no Concello de Vilaboa (Toural, 1, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Acto que se notifica: orde de execución (expediente 863/2022).
Referencia catastral: 36058A040001690000LO (polígono 40, parcela 169).
Prazo: 15 días hábiles.
Vilaboa, 17 de outubro de 2022
César Poza González
Alcalde