Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61372

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Biomédica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 18 de outubro de 2022 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 28 de outubro mediante a Resolución do secretario xeral de Universidades do 21 de outubro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Biomédica pola Universidade de Vigo.

Vigo, 18 de novembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría Biomédica pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4318116.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

63

Optativas

27

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

24

Créditos totais

120

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Estatística avanzada para a enxeñaría biomédica

6

Ob.

Módulo troncal

Métodos matemáticos aplicados á enxeñaría biomédica

4,5

Ob.

Modelaxe e simulación de sistemas biomédicos

4,5

Ob.

Análise biomecánica de actividades e funcións humanas

4,5

Ob.

Biomateriais avanzados en enxeñaría tisular

6

Ob.

Tecnoloxías de imaxe médica

4,5

Ob.

Control e regulación de funcións corporais

4,5

Ob.

Simulación de biofluídos en enxeñaría biomédica

4,5

Ob.

Bioelectroquímica

3

Ob.

Sinais biomédicos

4,5

Ob.

Certificación de produtos sanitarios e innovación en tecnoloxía médica

6

Ob.

Organización do sistema sanitario e enxeñaría de procesos nos servizos sanitarios

6

Ob.

Sistemas de diagnóstico e terapia

4,5

Ob.

Enxeñaría de superficies para aplicacións biomédicas

4,5

Op.

Materias optativas I

Robótica médica

4,5

Op.

Mecánica de materiais e tecidos brandos

4,5

Op.

Técnicas avanzadas/non invasivas en enxeñaría biomédica: aplicación do láser en medicina

4,5

Op.

Deseño de produtos e servizos intelixentes no sector biomédico

4,5

Op.

Bioinstrumentación. Sistemas de monitorización

4,5

Op.

Materias optativas II

Nanomateriais para biomedicina

4,5

Op.

Análise cronobiolóxica de sinais biomédicos

4,5

Op.

Tecnoloxías de fabricación aditiva e híbrida aplicada á enxeñaría biomédica

4,5

Op.

Simulación biomecánica

4,5

Op.

Prácticas externas

6

Ob.

Prácticas externas

Traballo fin de máster

24

Ob.

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Biomédica, o alumnado deberá superar os 120 créditos ECTS de que consta o máster.

A seguinte táboa especifica o número de créditos obrigatorios e optativos que se deberán cursar de cada módulo:

Módulo

Troncal

Optativo I

Optativo II

Prácticas externas

Traballo fin de máster

ECTS para cursar

63

13.5

13.5

6

24

Módulos de materias optativas: considérase axeitado que o estudantado adquira un perfil específico cursando 27 ECTS de materias optativas. A oferta de 45 ECTS de materias optativas articúlase mediante dous bloques: optativas I e optativas II, cunha oferta de 22,5 ECTS en cada un (5 materias de 4,5 ECTS), dos cales se cursarán 13,5 ECTS (3 materias de 4,5 ECTS).