Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

EDICTO da orde de execución de limpeza de predios ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (expediente 492/2022).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o enderezo do titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección das vivendas e dos núcleos habitados fronte aos incendios forestais, e advertimos expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición das persoas interesadas no Concello de Barro (Pontevedra).

Número de expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

492/2022

36002A220000010000AS

Lugar San Amaro-Portela

(Barro-Pontevedra)

76867705A

492/2022

36002A220000020000AZ

Lugar San Amaro-Portela

(Barro-Pontevedra)

76867705A

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Barro, 17 de outubro de 2022

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde