Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de novembro de 2022 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 14 de setembro de 2020 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/76/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de setembro de 2022, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 14 de setembro de 2020, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/76/2016-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á interesada con documento nacional de identidade número 33689181T, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encontrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística