Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de novembro de 2022 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/94/2021-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento á interesada con documento nacional de identidade número 45149371A para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/94/2021-RP1, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación illada de tipoloxía residencial, de planta baixa e alta e unha edificación auxiliar, no lugar de Casares de Refoxos, no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

O expediente relacionado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística