Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución parque eólico Ourol II, no concello de Ourol (expediente IN408A/2020/146).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

– O 27.11.2020, Wind Premier Ourol, S.L.U. presenta solicitude de autorización administrativa previa e de construción, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial para o proxecto denominado parque eólico Ourol II, no concello de Ourol na provincia de Lugo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

– O 18.12.2020 notificóuselle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (en diante, Lei 8/2009).

– O 16.6.2021, Wind Premier Ourol, S.L.U. presentou unha solicitude de modificación substancial consistente no aumento da potencia nominal de 8 a 10 MW.

– O 29.4.2022 notificóuselle á dita sociedade a admisión a trámite da modificación solicitada.

– En resposta á solicitude de informe do 3.5.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 con data do 12.5.2022, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– O 26.9.2022, Wind Premier Ourol, S.L.U. presenta o xustificante de pagamento da tramitación do proxecto sectorial.

– Con data do 29.9.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Wind Premier Ourol, S.L.U., NIF B70599402.

Denominación do proxecto: parque eólico Ourol II.

Situación: concello do Ourol (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Ourol.

Potencia instalada: 10 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción neta anual estimada: 31.506 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 7.827.508,53 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

608.865

4.821.351

2

609.491

4.820.741

3

610.639

4.822.033

4

610.271

4.822.384

Coordenadas de emprazamento dos aeroxeradores:

Aeroxeradores

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

AE 01

609.285

4.821.362

AE 02

609.492

4.821.221

O futuro centro de seccionamento e control (CSC) do parque presenta a seguinte poligonal:

CSC Ourol II

Datum ETRS89 (fuso 29)

X (m)

Y (m)

1

609.691

4.821.215

2

609.693

4.821.216

3

609.696

4.821.206

4

609.694

4.821.205

O parque eólico Ourol II estará composto por:

– 2 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG145 5 MW, de potencia máxima activa de xeración eléctrica de 5 MW de potencia unitaria, o que conforman unha potencia instalada de 10 MW.

– As liñas de media tensión en 30 kV de conexión dos aeroxeradores co centro de seccionamento.

– As liñas de media tensión en 30 kV desde o centro de seccionamento e control ata a subestación de transformación do PE de Ourol (a citada subestación non é obxecto deste expediente) ao longo da vía existente do PE de Ourol.

– Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, cimentacións e gabias de cableado.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións. A declaración de utilidade, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

• O proxecto de execución (asinado o 24.3.2022).

• A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-asinada o 17.11.2022), que figura no anexo I deste acordo.

• O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado en outubro de 2021).

• O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (asinado o 24.3.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia), para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 47), así como no concello do Ourol (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/ourol-ii

Lugo, 17 de novembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados pola liña de evacuación eléctrica do parque eólico Ourol II
no concello de Ourol (Lugo)

Relación de bens e dereitos afectados

Predio

Titular(es)

Parcela

Afeccións (m2)

Pleno dominio

Servidumes paso

Servidumes voo

Ocupación temporal (acopios)

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Polígono

Parcela

Referencia
catastral

Cimentación

Plataforma

Centro seccionamento
e control

Vía

Gabia

1

CMVMC Serra de Loibán Costa de C

185

00442

27038A18500442

Abeledo

Piñeiral madeirable
Matogueira
Eucaliptos

692

12.294

613

16.208

2.749

21.145

1.001

2

CMVMC Serra de Loibán Costa de C

161

00055

27038A16100055

Coto da Cruz

Eucaliptos

17

3

Chao Mera Elidia
López Chao María Dolores

161

00056

27038A16100056

Fonte Seca

Matogueira

71

4

Franco Castelo Dulce María

161

00057

27038A16100057

Fonte Seca

Matogueira

127

5

Franco Castelo Dulce María

161

00146

27038A16100146

Sobre do Camiño

Matogueira

118

6

Franco Castelo Dulce María

161

00145

27038A16100145

Sobre do Camiño

Matogueira

90

7

Franco Castelo Óscar
Franco Castelo Dulce María

161

00144

27038A16100144

Sobre do Camiño

Matogueira

56

8

Otero Cabana Filomena

161

00143

27038A16100143

Casón

Matogueira

108

9

Franco Castelo Dulce María

161

00142

27038A16100142

Sobre do Camiño

Matogueira

71

10

Descoñecido

161

00141

27038A16100141

Sobre do Camiño

Matogueira

86

11

Descoñecido

161

00139

27038A16100139

Sobre do Camiño

Matogueira

59

12

Pardo Guerreiro María Norma

161

00140

27038A16100140

Sobre do Camiño

Matogueira

54

13

Cuba Sánchez José
Cuba Gómez Francisco
Sánchez Febreiro María Olga (herdeiros de)

161

00138

27038A16100138

Sobre do Camiño

Matogueira

88

14

Descoñecido

161

00137

27038A16100137

Sobre do Camiño

Matogueira

144

15

Descoñecido

161

00136

27038A16100136

Sobre do Camiño

Matogueira

103

16

Descoñecido

161

00135

27038A16100135

Casón

Matogueira

152

17

Pardo Guerreiro María Norma

161

00123

27038A16100123

Pico do Golpe

Matogueira

199

18

Pardo Pedre María Dolores (herdeiros de)
Canda Pardo Ana María

161

00134

27038A16100134

Acibreiro

Prados ou pradarías

180

19

Descoñecido

161

00191

27038A16100191

Acibreiro

Matogueira

114

20

Fernández López María Mérida

161

00127

27038A16100127

Abelleira

Matogueira

131

21

Lagar Chao Rogelio

161

00155

27038A16100155

Campo Capilla

Matogueira

156

22

Descoñecido

161

00154

27038A16100154

Campo Capilla

Matogueira

95

23

Pita Chao María Antonia

161

00153

27038A16100153

Campo Capilla

Matogueira

173

24

Chao Pardo Francisco

156

00140

27038A15600140

Prado de Milleiro

Piñeiral madeirable

11

25

Pita Chao María Antonia

155

00282

27038A15500282

Penela

Carballal

52

26

Prieto Rivera Amador (herdeiros de)
Prieto Pita María Leonilde

155

00283

27038A15500283

Penela

Carballal

66

27

Canda Pardo Ana María
Pardo Pedre María Dolores (herdeiros de)

155

00281

27038A15500281

Penela

Matogueira

53

28

Orosa Pita Ricardo (herdeiros de)

155

00280

27038A15500280

Penela

Eucaliptos

120

29

Descoñecido

155

284

27038A15500284

Penela

Matogueira

14