Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO polo que se somete á información pública o Plan especial de infraestruturas e dotacións no Terrón.

O Concello de Vilanova de Arousa está iniciando a tramitación do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación dun centro de talasoterapia, de espazos libres e dunha zona deportiva no Terrón (Vilanova de Arousa).

De conformidade co disposto nos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, téndose aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno de Local do 21.10.2022, sométese o documento á información pública durante un prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais dos de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá consultarse na Área de Urbanismo do Concello, sita na casa do concello, 3º andar (praza do Concello 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa, na epígrafe «taboleiro de anuncios».

Vilanova de Arousa, 3 de novembro de 2022

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde