Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños número 933 e 934.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 28 de outubro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que se describen:

Parque 1

Identificación e localización: parcela número 933 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.246,08 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Parque 2

Identificación e localización: parcela número 934 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.271,41 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: María del Carmen Giráldez Cochón (***9176**) e Juan Manuel Giráldez Cochón (***7148**).

Novos titulares: Juan Manuel Giráldez Cochón (***7148**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 2 de novembro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo